Precio: 21,90€
Novedad
Este libro tiene disponibilidad inmediata
En Duque de Alba
Para envío
Para envío
Editorial:
Coleccion del libro:
Idioma:
Galego
Número de páginas:
152
Dimensiones: 235 cm × 170 cm × 0 cm
Fecha de publicación:
2026
Materia:
ISBN:
978-84-129440-9-9
Maré, de Manuel Barreiro e Elías Taño, ambiéntase nunha desas vilas mariñeiras que descansan no colo das rías e céntrase nunha singradura dun patrón que, malia ser un home de mar, de familia mariñeira, de tradición, non é un romántico: vai ao mar porque é o que sabe facer, porque hai que comer. É prudente, porque sabe do perigo que é desafiar unha forza inmensa que de cando en cando cobra un prezo en vidas que sempre é excesivo. Tamén é a historia dunha familia que, como moitas na costa, aprendeu a vivir coa ameaza da traxedia; das mulleres que sostiveron un modo de vida enfrontándose ao destino, á partida, á espera, ao traballo e á morte, que está sempre presente.
PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA Edición en lingua galega.



